Historia y arte

A parroquia de Santa María Adina de Portonovo está encravada no corazón do concello pontevedrés de Sanxenxo, na comarca do Salnés. Limita coas parroquias de Noalla ó oeste, Vilalonga e Nantes ó norte e Padriñán ó leste e coa Ría de Pontevedra ó sur. É a parroquia máis antiga e extensa do municipio con 10'5 km cadrados e tamén a mais poboada con case 5000 habitantes. A parroquia de Adina inclúe dende finais do século XIX a suprimida parroquia de San Amaro de Arra que pertencía ós monxes de Armenteira como priorato e que na actualidade recibe o trato de anexo parroquial. É unha parroquia costeira sendo o seu núcleo principal a vila mariñeira de Portonovo, motor económico da parroquia e vila máis poboada do municipio. 
A parroquia eclesiástica recibe o nome de Santa María de Portonovo (Adina), nome rexistrado na diócese de Santiago, á cal pertence pero é popularmente coñecida como Santa María Adina de Portonovo polo costume que existe en Galicia de antepoñer a advocación ó nome da parroquia. Esa advocación extendeuse tamén ó núcleo de poboación que rodea á igrexa e por extensión acabou denominando a toda a parroquia. Crese que o topónimo de Adina teña a súa orixe nun culto primitvo á deusa romana Minerva, copiada do culto grego de Atenea e mais tarde pasou a Ataecina e coa cristianizacion pasaría a Santa María La Digna ata chegar á actual Adina coa galeguización do topónimo.
É de enorme importancia o patrimonio existente na parroquia tanto civíl como relixioso. Numerosos hórreos, lavadoiros ou cruceiros salpican a xeografía local. O actual templo parroquial,o maior do municipio (sen ter en conta o Novo Templo de Sanxenxo, de edificación moderna) data do século XVI e está construído sobre outro anterior de estilo románico do século XII do que conserva os muros e os aleiros da nave. O entorno da igrexa que forma un pequeno outeiro crese que puido ser un antigo castro onde se rendían cultos pagáns. O adro está rodeado na súa maior parte por grosos muros a modo de semicirculo. O templo está baixo a advocación de Santa María, patrona do lugar e de toda a parroquia en extensión. Posúe unha capela renacentista con bóveda de crucería do século XVI onde se sitúa un altar pétreo, con restos de policromía e unha talla en pedra da Virxe con Neno. O retablo do altar maior ten características do barroco galego e foi recentemente restaurado. Destaca pola súa fermosa policromía e pola magnífica talla da coroación da Virxe que se atopa na parte superior. No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada. Tamén merece especial atención a sacristía da igrexa, que conta cun fermoso teito abovedado e unha antiga pía con forma de cuncha. Na  fachada da igrexa destacan o rosetón e a imaxe da Virxe có  Neno situada entre aquel e a porta, esta en arco de medio punto. Ó lado dereito da fachada ubícase a torre-campanario  rematada por  pináculos. A igrexa posúe dúas campás (unha pequena que data de 1913 e outra grande, de 1916) fundidas nos talleres de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) actualmente electrificadas. Tamén no exterior do templo destacan os canzorros de formas antropomórficas, e outros que representan a animais. Entre estes destaca un con forma fálica que representa a maldición da sexualidade no medievo.

En Portonovo a Capela de Santa Catalina está situada na parte máis alta da atalaia na que se atopa a vila de Portonovo, no chamado "Campo de Bella Vista" polas fermósas panorámicas da ría que alí se ofrecen. É un templo mariñeiro de sinxela construcción nunha soa nave en planta rectangular á que está adosada a sacristía, tamén rectangular. Data do século XVII e destaca a súa fachada rematada nunha espadaña  (de recente construcción) coroada por pináculos e rematada en cruz. A capela está adicada a Santa Catalína de Alexandría, pola cal os mariñeiros senten unha devoción especial e festéxana como patrona da xente do mar realizando unha procesión marítima o día da súa festa (25 de novembro) Hai unha copla que reza así : Santa Catalina ten o pai no mar, que chova que vente tena que ir buscar. Santa Catalina filla dun rei mouro, matou ó seu pai cun coitelo d'ouro. Nin era de ouro nin era de prata, que era un coitelo de folla de lata. Xunto con Santa Catalina, San Roque é o patron da vila, celebrándose a súa festa o 16 de agosto, xunto coa festividade da patrona Nosa Señora, o 15 dese mes e ó que se une o día da Virxe do Carme o día 17.
En Arra atopamos a Capela de San Amaro, que noutro tempo foi templo parroquial da suprimida parroquia homónima. Pertenceu ós monxes cistercienses de Armenteira e estaba administrada por priores os cales se cre que edificaron a pequena capela de estilo románico existente no núcleo do pobo e que pertence ós séculos XII-XIII. É unha pequena edificación de planta rectangular dunha soa nave cunha pequena sacristía adosada. No frontal atópase unha pequena imaxe do santo erosionada polo tempo e ó remate unha espadaña coroada por dous pináculos. A capela está adicada a San Amaro, patrón de Arra cuxa festa se celebra o 15 de xaneiro.
No barrio de Baltar, separado do núcleo de Portonovo pola praia do mesmo nome sitúase a Capela do Carme construída nos anos 50 e adicada á Virxe do Carme a cal os veciños quixeron poñer á súa protección establecéndoa patrona do novo barrio. É unha construcción de ladrillo sinxela e de corte moderno. Recentemente foi remodelada e restaurada. O día 16 de xullo Baltar celebra o día do Carme cunha misa solemne no exterior da capela e con posterior procesión cunha parada en fronte á praia para a tirada de fogo e o coro canta a Salve Mariñeira.

Patrono da net

Patrono da net
Ruega por Nosotros. Amén

Herramienta de evangelización

Oración al beato padre Santiago Alberione, patrón y protector de Internet:

Santísima Trinidad, Padre, Hijo y Espíritu Santo, te agradecemos con toda la Iglesia, en Cristo Maestro, Camino, Verdad y Vida, por los tesoros de santidad, de luz y de gracia que has concedido a tu siervo fiel, el Beato padre Santiago Alberione, quien, a ejemplo del apóstol san Pablo, ha predicado en todo el mundo con los instrumentos de la comunicación social. Concédeme la gracia de seguir sus ejemplos, siendo completamente fiel a su espíritu, y dígnate glorificarlo ya aquí en la tierra a fin de que proteja a todos aquellos que trabajan con tales medios para que Cristo sea conocido, amado y seguido. Concédeme también, por su intercesión, la gracia que ahora te pido: proporciona protección a esta bitácora, difusora de tu palabra en la red de redes. Amén

Oh María, Madre, Maestra y reina de los apóstoles dígnate consolidar mis súplicas con tu maternal intercesión.

Padrenuestro, Avemaría, Gloria…

Jesús Maestro y Pastor, Camino, Verdad y Vida, ten piedad de nosotros. Amén.