Fiestas

Principais Festas e Celebracións Relixiosas da Parroquia de Adina de Portonovo:



COMÚN DE TODA A PARROQUIA.

FESTAS PATRONAIS: do 14 ó 18 de agosto : 


15 de agosto festa da patrona da parroquia Nosa Señora de Adina
16 de agosto festa do patrón da vila de Portonovo San Roque,
17 de agosto día da Virxe do Carme en Portonovo.

Tradición do Encontro: Enmarcada dentro das festas patronais. Acto solemne e de tradición inmemorial que consiste no encontro e saúdo entre as imaxes dos santos patróns máis venerados da parroquia. Realízase na rúa Areal, no lugar exacto onde había hai anos unha ponte sobre o Fabaíños (hoxe canalizado) e que marcaba a entrada á vila. (hai que situarse aproximadamente diante do portal do CEIP de Portonovo) 

Ten lugar tódolos anos o día 16 de agosto ás 12 da mañá.
 Máis información neste blog facendo clic aquí:  O ENCONTRO

Corpus Christi: Elaboración de alfombras florais por parte dos matrimonios de Bodas de Ouro e Prata para o paso da procesión do Santísimo.


Domingo de Ramos: bendición dos ramos na explanada do parking e procesión cara a igrexa.


Venres Santo: **Via Crucis organizado polos rapaces de confirmación. (11 da noite na capela de Portonovo)


**Festa do catecismo: No mes de xuño (fin de curso) Misa de campaña no parque de Baltar. Comida campestre e xogos. 


POR LUGARES

ADINA (IGREXA PARROQUIAL): 

San Antón Abade: 17 de xaneiro (ou sábado máis próximo), con misa solemne e procesión.
San Miguel e a Virxe do Rosario:  No mes de outubro. Con misa solemne e procesión.  OLLO ! a data pode variar dun ano a outro.

PORTONOVO (VILA):
San Cristóbal: mes de xullo (a data pode variar dun ano a outro) con misa de campaña no Parque do Espiñeiro, procesión de caravanas e bendición de automóviles. 
Santa Catalina (patrona da vila)25 de novembro (ou sábado máis próximo) con misa solemne e procesión marítima.


ARRA(ANEXO):

San Amaro e San Marcial: 15 e 16 de xaneiro (festas patronais de Arra) con misas rezadas, misa solemne e procesión.
San Caetano: (Devoción recente e de arraigo familiar) Primeiro fin de semana de Agosto, con misa na capela. Vai ligada á Feira de Productos Galegos na praia de Montalvo.

BALTAR (2ºNÚCLEO URBANO):

Nosa Señora do Carme: 16 de xullo. Con misa de campaña na explanada ó carón da capela seguida de procesión e Salve Mariñeira de cara á praia.

*Nota: As horas dos cultos están suxeitas a varios factores polo que poden variar dun ano a outro. Convén estar pendiente ós boletíns parroquiais. 


Patrono da net

Patrono da net
Ruega por Nosotros. Amén

Herramienta de evangelización

Oración al beato padre Santiago Alberione, patrón y protector de Internet:

Santísima Trinidad, Padre, Hijo y Espíritu Santo, te agradecemos con toda la Iglesia, en Cristo Maestro, Camino, Verdad y Vida, por los tesoros de santidad, de luz y de gracia que has concedido a tu siervo fiel, el Beato padre Santiago Alberione, quien, a ejemplo del apóstol san Pablo, ha predicado en todo el mundo con los instrumentos de la comunicación social. Concédeme la gracia de seguir sus ejemplos, siendo completamente fiel a su espíritu, y dígnate glorificarlo ya aquí en la tierra a fin de que proteja a todos aquellos que trabajan con tales medios para que Cristo sea conocido, amado y seguido. Concédeme también, por su intercesión, la gracia que ahora te pido: proporciona protección a esta bitácora, difusora de tu palabra en la red de redes. Amén

Oh María, Madre, Maestra y reina de los apóstoles dígnate consolidar mis súplicas con tu maternal intercesión.

Padrenuestro, Avemaría, Gloria…

Jesús Maestro y Pastor, Camino, Verdad y Vida, ten piedad de nosotros. Amén.