Himno ó Apóstolo Santiago

xoves, 16 de febreiro de 2012

Grupo parroquial de Acción Católica.

Dentro dos colectivos parroquiais un oco correspóndelle a Acción Católica de Adina de Portonovo, formado hai xa algúns cantos anos. O punto de encontro é no local que dispón Cáritas na vila de Portonovo, alí reúnense os martes cada dúas semanas en torno ás 8 da tarde. O grupo está aberto a calquer veciño interesado e motivado a aprender diferentes aspectos da vida cristiana. Trátase dunha maneira activa de vivir a fe persoal e compartila cos demais. Non dubides e asiste ás reunións.


                                                                                       
     -  Neste enlace atoparás máis  información dos proxectos que levan a cabo:  http://www.accioncatolicageneral.es/

SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ruega por Nosotros. Amén